A Feira do Libro de Galicia recalará en Rianxo o día 23 de xullo

15 Xuño 2020

Inauguración da Feira do Libro en Santiago

Finalmente os espazos públicos das nosas cidades e vilas volven atoparse cos libros, tras longas semanas de incógnitas sobre a posibilidade (ou non) de que tivese continuidade este verán o programa das Feiras do Libro de Galicia, debido á complexa situación sanitaria polo que estamos a pasar. En Santiago véñense de despexar dúbidas ao respecto, coa apertura da 39 edición da Feira do Libro de Compostela, organizada pola Federación de Librarías de Galicia coa colaboración de entidades como a Consellería de Cultura.

A celebración desta importante cita cultural en Santiago, que terá as portas abertas até o 21 de xuño dando acubillo a preto de 40 encontros con escritoras e escritores (con sinaturas de libros incluídas, seguindo estritas normas de seguridade sanitaria), é a antesala do acostumado periplo das feiras por diversas localidades da nosa terra, incluída a vila de Rianxo.

Nesta feira terán presenza cun espazo propio as librarías Pedreira, Cortizas, Numax, Ler Librarías e A Gata Tola, así como Alvarellos Editorial.

As feiras do libro de Galicia recalarán tamén até o próximo mes de outubro en vilas e cidades como Vigo, Ponteareas, Redondela, Rianxo (do 23 ao 26 de xullo), A Coruña, Foz, Monforte de Lemos e Ourense.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.