A Deputación convídanos a engalanar os nosos balcóns e xanelas para celebrar a diversidade

17 Xuño 2020

Ao abeiro do programa Liberdade de ser e sentir, a Deputación da Coruña convídanos a adobiar as xanelas dos nosos fogares para conmemorar o respecto polos demais en materia de sexualidade. Estamos a falar do concurso Balcóns da Diversidade, impulsado pola área de Igualdade da entidade provincial, que nos anima a decorar as fiestras coas cores do arco da vella para conmemorar o Día das Diversidades Sexuais o vindeiro 28 de xuño.

Este certame forma parte da campaña Liberdade de ser e sentir, na que colaboran medio cento de concellos. Na lista atópanse un feixe de municipios da nosa comarca: Boiro, Porto do Son, Rianxo, Noia, A Pobra do Caramiñal e máis Lousame. A veciñanza de todos estes concellos está convidada a participar no engalanamento colectivo das fachadas, un certame que se vai ir desenvolvendo estes días e que culminará o 28 de xuño. Consiste en equipar as nosas xanelas con debuxos, bandeiras ou outros formatos artísticos e publicar as imaxes nas redes sociais co cancelo #seresentir.

A iniciativa está a ter difusión a través das redes sociais e na páxina do programa desde o que se busca normalizar e sensibilizar a sociedade sobre as diversidades sexuais con distintas accións que van desde a creación dunha plataforma, actividades para público infantil e adolescente ou un ciclo de charlas que se difundirán nas redes sociais e na propia páxina do programa.

A campaña estase a difundir na plataforma seresentir.gal na que se publican todos os contidos e recursos relacionados coa diversidade sexual ademais de contar cunha área privada na que os concellos e entidades poden acceder aos diferentes recursos da campaña. Ademais, Liberdade de ser e sentir! ofrece contidos específicos para o público máis novo e, en concreto, a actividade Planeta LGTB achegará ás crianzas historias orais a cargo de Felipe Díaz (Caxoto) para reflexionar sobre riqueza da diversidade e sobre o colectivo LGTB.

En canto á adolescencia, a través da devandita plataforma e as redes sociais difundirase a serie web S.E.X, da produtora Illa Bufarda que conta cun Premio Luísa Villalta das áreas de Cultura e Igualdade da Deputación da Coruña na súa segunda edición. A webserie está elaborada en colaboración con ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia) e conta tamén co apoio de SOGASEX (Sociedade Galega de Sexoloxía) e a Fundación Paideia, e trátase dun proxecto de educación sexual dirixido a adolescentes.

Os concellos que forman parte desta campaña son os seguintes: Abegondo, Ames, Arzúa, Bergondo, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Carballo, Carnota, Carral, Cedeira, Cee, Cerdido, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fene, Fisterra, Lousame, Malpica de Bergantiños, Mancomunidade de Ordes, Melide, Moeche, Muros, Muxía, Negreira, Noia, Oroso, Ortigueira, Outes, Paderne, A Pobra do Caramiñal, Ponteceso, Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Porto do Son, Rianxo, Rois, Sada, San Sadurniño, Santa Comba, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Trazo, Val do Dubra, Valdoviño, Vilarmaior, Vimianzo.

Polo que respecta ás asociacións que traballan a prol da igualdade e defensa dos dereitos LGTBQI e que forman parta da campaña Liberdade de ser e sentir!, son as seguintes: Alas A Coruña, Corufest, Arelas, Asociación de Empresarias de A Coruña, Asociación Recreativa e Cultural Os Tilos e Fundación Meniños.

Outros artigos

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.