A Casa da Cultura de Boiro acolle a mostra 5 elementos da artista pobrense Antía Brey

18 Xuño 2020

A Casa da Cultura Ramón Martínez López de Boiro acolle estes días a mostra 5 elementos da artista plástica Antía Brey. A exposición, que mestura pintura e fotografía-colaxe, poderá visitarse ata o vindeiro 24 de xullo.

Antía Brey é unha moza da nosa comarca, concretamente da Pobra do Caramiñal, e é artista plástica, fotógrafa, escultora, pintora e poeta. Toda a súa obra xira en torno ás emocións e á natureza. A súa exposición na Casa da Cultura de Boiro, titulada 5 elementos, mostra unha alegoría destes materiais primordiais a través da pintura e a fotografía en forma de colaxe.

Antía Brey formouse no Artisan Lounge de Miami, en Leith School of Art en Edimburgo, no Mart de Rovereto (Italia), no Keller da Tabacalera de Madrid e no Círculo de Bellas Artes. Así mesmo, traballou no Museo do Prado e no Centro de Artes de Vanguardia La Neomudéjar, ademais de estar graduada en Traballo Social.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.