Volve este mércores o mercadiño ambulante da Pobra

13 Maio 2020

Coa volta progresiva á “nova normalidade” están a regresar actividades que a cidadanía en xeral botaba moito en falta, por exemplo a celebración dos mercadiños ambulantes nos concellos, que foron, son e serán puntos cruciais para o aprovisionamento de produtos de calidade. O mercadiño da Pobra volve este 13 de maio e, de aquí adiante, todos os mércores e no seu lugar habitual.

Iso si, segundo nos lembra o Concello, tanto os comerciantes como a cidadanía terán que respectar unha serie de medidas imprescindíbeis de seguridade, entre as que destaca a necesidade de gardar unha mínima distancia de seguridade. Neste senso, os puntos de venda están obrigados a establecer dous metros de separacións entre uns e outros, amais de aplicar outras medidas de hixiene “para favorecer as compras dos consumidores e consumidoras coa máxima seguranza”.

O mercado semanal, que será de momento soamente agroalimentario, contará con postos de alimentación, froitas, verduras, hortalizas, legumes e tamén de plantas, sementes e flores. Dende o Concello da Pobra do Caramiñal aproveitaron o recordatorio do inicio da actividade para facer un chamamento “á responsabilidade da veciñanza para o podermos levar a cabo coa maior seguridade posíbel”.

Outros artigos

Ambar abre este venres as Festas do Nazareno

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, será a encargada de dar o pregón das Festas do Nazareno o 18 de setembro, ás 21.15 horas. A súa intervención marcará o inicio dunha das celebracións máis destacadas do calendario...

+

Chega unha nova edición das xornadas “A Pobra no Tempo”

Historia, patrimonio e cultura volverán centrar as xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo, que celebrarán a súa oitava edición os días 26 e 27 de setembro. As xornadas reunirán diferentes especialistas para achegar á cidadanía investigacións, episodios e figuras...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

“Dime ¿para que sirven los políticos?” – Manuel Domínguez

Desde el comienzo de la democracia, 8 leyes de educación, cada cual a peor, cada partido impone la suya, fracaso tras fracaso. 50 años de democracia, cada 6 años una nueva ley de educación. La Banca En Galicia había 7 cajas de ahorros, al ser servicio publico sus...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.