Unha muller resulta ferida tras saírse da vía o vehículo no que viaxaba en Ribeira

26 Maio 2020

Unha muller necesitou a axuda dos servizos de emerxencias na tarde de hoxe despois que o vehículo no que viaxaba saíra da vía e caera por un desnivel mentres circulaba á altura da Praia da Ameixida, no concello coruñés de Ribeira.

Os feitos tiveron lugar ás 15:30 horas cando varios particulares contactan co 112 Galicia para informar do accidente. Segundo a información facilitada polas testemuñas do sinistro, a condutora perdeu o control do vehículo ao pasar as curvas en dirección á parroquia de Aguiño.

De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento dos servizos sanitarios, dos Bombeiros de Ribeira e de Boiro e dos membros do Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencias confirmaron que malia non fora necesario o uso do material de excarceración, foi preciso rescatar o turismo da zona onde se precipitara para poder acceder á ferida.

Tras rematar a intervención, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 evacuaron á muller ao centro hospitalario de referencia.

Cómpre sinalar que desde o 112 Galicia solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil de Ribeira co fin de asegurar as condicións de seguridade na vía.

Praia e estrada da Ameixida

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.