Galicia pasa á fase 1 o luns

08 Maio 2020

Qué actividades están permitidas dentro da fase 1? o Plan para a Transición cara á Nova Normalidade recolle que nesta fase inicial autorizarase a apertura parcial de actividades, en particular, “actividades económicas como as de pequeno comercio con cita previa ou servizo en mostrador, restaurantes e cafeterías con entrega para levar, actividades no ámbito agrario, actividades deportivas, profesionais, aloxamentos turísticos sen utilización de zonas comúns e con restricións”, entre outras actividades. Visitas a familia e amigos Cando as comunidades cheguen a esta fase, os cidadáns poderán gozar dunha maior liberdade de movemento e menos limitacións no contacto social, xa que a partir de entón, permitiranse as reunións dun máximo de 10 persoas (non teñen por que ser conviventes) en calquera lugar — un domicilio, un bar ou a rúa — a condición de que se respecten as medidas de prevención, de hixiene de mans e de distanciamento interpersoal e, cando non se puidese cumprir con estas recomendacións, recorrer ao uso de máscara. Segundo detalla o Boletín Oficial do Estado (BOE), só poderán manter estas reunións as persoas que non sexan poboación de risco ou as persoas vulnerables “sempre que a súa condición clínica estea controlada e permítao, e mantendo rigorosas medidas de protección.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

“Ayudas sociales: España y Europa” – José Castro López

Nadie discute la necesidad de las ayudas sociales propias de cualquier Estado moderno, lo que se discute es su diseño y sus efectos. En este sentido, España ofrece hoy un modelo diferencial cuando se compara con otros países europeos. En los últimos años, el sistema...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.