SumaRibeira esixe que se restableza a atención primaria en Corrubedo e Palmeira a tempo total

28 Maio 2020

A agrupación cidadá SumaRibeira, a través do seu portavoz Xurxo Ferrón, vén de emitir un comunicado no que mostra a súa inquietude ante a situación sanitaria que dende hai uns días padece a veciñanza das parroquias de Corrubedo e Palmeira, onde, segundo apuntan, existen deficiencias no seu servizo de atención primaria.

“No medio desta crise sanitaria sen procedentes”, explican, “vemos con perplexidade como estas parroquias están actualmente sen a imprescindíbel atención primaria”, tras verse privadas do servizo médico para as consultas presencias, “se ben”, indican, “na parroquia de Corrubedo e debido ás protestas da veciñanza conseguiron dispor dun médico a tempo parcial, tempo que consideramos totalmente insuficiente para unha atención primaria de calidade”.

SumaRibeira sostén que aínda é máis grave o caso de Palmeira e o seu centro de saúde, onde “non hai neste momento ningún facultativo/a para atención presencial aos pacientes”, achegándose só a posibilidade de recibila por vía telefónica, o que obriga á veciñanza, moita dela xente maior, a acudir ao centro de saúde de Ribeira, “saturándoo”.

Dende a agrupación esixen que “sexa restituído o devandito servizo nas dúas parroquias que, agora aínda con máis necesidade debe estar e preto da cidadanía xa que se trata dun servizo vital”. E engaden: “Instamos ao Concello de Ribeira a que faga as xestións necesarias ante as institucións competentes para que o servizo de atención primaria presencial sexa restablecido nestas dúas parroquias, a tempo total, de forma urxente”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.