Stop Deshaucios Barbanza pide ás entidades financeiras que non poñan en risco ás persoas maiores que acoden ás sucursais

05 Maio 2020

O portavoz da Plataforma Stop Deshaucios Barbanza, José Manuel Pena, vén de remitir unha queixa aos responsábeis das entidades financeiras Abanca e Banco Santander polos problemas de atención aos usuarios que se están a xerar estes días nas oficinas das dúas entidades nos concellos da nosa comarca, onde se están a formar longas ringleiras de veciñas e veciños que acoden para realizar as súas xestións e teñen que agardar moito máis tempo do debido para poder realizalas debido, segundo explica a plataforma, á existencia de sucursais pechadas por mor dos ERTES.

A entidade que coordina José Manuel Pena lembra no escrito enviado ás devanditas entidades que “estamos mergullados nunha situación de Estado de Alarma como consecuencia dunha emerxencia sanitaria” e que “a maioría das persoas que acoden ás sucursais son persoas maiores, de risco, e con patoloxías previas”, o que guinda un panorama de inseguridade para as mesmas e para o resto dos cidadáns.

En palabras da plataforma, as entidades financeiras terían “que adoptar as medias oportunas ao obxecto de aumentar o persoal de atención ao público, abrir as oficinas ou ben conceder a correspondente cita previa para a atención pero non seguir con esa lamentable e perigosa situación”.

Por outra banda, Stop Deshaucios Barbanza tamén aproveitou para agradecer o labor despregado polo Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribeira así como da ONG Cáritas “pola rápida actuación para atender a un veciño da localidade que levaba varias semanas durmindo na rúa e que foi reacollido”. A entidade humanitaria salientou que neste caso se están a seguir polo miúdo os protocolos, subministrándolle á dita persoa todo tipo de axuda e en especial para poder seguir un programa de desintoxicación.

Outros artigos

Poñendo en valor os nosos máis de 2.500 km de costa

A Xunta impulsa o Camiño do Litoral cunha ruta única de norte a sur Alfonso Rueda xunto a un dos sinais identificativos da ruta Galicia conta desde esta tempada estival cun novo proxecto que permitirá a veciños e visitantes desfrutar ao máximo da súa costa ao tempo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.