Sanidade solicita o ministerio dous tipos de aforos para as praias galegas para pleamar e baixamar

25 Maio 2020

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, solicitou esta mañá ao Ministerio de Sanidade a posibilidade de que os concellos galegos que así o consideren, poidan establecer dous aforos nas praias, en función da baixamar e a pleamar. Almuiña remitiu unha carta ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, na que refiere as características das praias e os areais galegos, con grandes diferencias entre pleamar e baixamar. O actual cálculo considera que para obter o aforo máximo permitido nas praias, tense que considerar unha superficie por bañista de aproximadamente 4 metros cadrados. Para facer este cálculo, hai que descontar da superficie útil da praia, como mínimo, unha franxa de seis metros a contar dende a beira  da pleamar. Segundo plantexa o conselleiro de Sanidade, esta restrición impediría o uso de moitos dos arenais galegos. A solución que propón Almuiña para calcular o aforo en baixamar  pasa por descontar da superficie útil da praia unha franxa de 4 metros dende a liña de baixamar. En pleamar, habería que descontar da superficie útil unha franxa dun metro dende a liña de pleamar. A Consellería de Sanidade confía en que o Ministerio acceda a esta petición.

Outros artigos

Na Pobra, o Museo Valle-Inclán acolle a maqueta do Santa Isabel

Este venres, día 18 de setembro, tivo lugar na Sala de Iconografía do Museo Valle-Inclán a rolda de prensa para presentar a nova exposición temporal da maqueta do buque Santa Isabel, afundido o 2 de xaneiro de 1921 nas costas de Sálvora (Aguiño), e que poderá...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.