Ribeira consensúa coa hostalería local os horarios de peche e terrazas durante a fase 2 da desescalada. O luns 25 abrese o prazo de inscripción a feirantes para o ocupar espazo público en verán

21 Maio 2020

A Casa Consistorial deu cabida esta mañá a unha nova reunión do grupo de traballo da hostalería pertencente ao Plan Local de Desescalada coa fin de
concretar os horarios de peche deste tipo de establecementos na
fase 2.
Así, de luns a venres (e sempre coas medidas preventivas e limitacións de aforo dispostas pola normativa estatal), o horario de peche tanto dos locais como das terrazas será ás 0.30 horas mentres que en fins de semana e vésperas de festivo, deberán pechar como moi tarde ás 1.30 horas no caso das terrazas e ás 2.00 horas no interior.
Igualmente, o Concello comunicou que ademais de permitir neste tipo de negocios ampliar a ocupación de espazos públicos con mesas e cadeiras, poderase instalar tamén outros elementos auxiliares que faciliten o servizo á clientela: contendo por exemplo os produtos de máis venta.

Feirantes

Por outra parte, e co ánimo de axudar aos feirantes empadroados en
Ribeira habituais das celebracións de festas, a Comisión Municipal de
Seguimento da Evolución do COVID-19 aprobou na súa sesión desta mañá abrir a partir do próximo luns 25 de maio un prazo de preinscrición de sete días naturais para que manifesten o seu interese en ocupar espazo público durante este verán, a fin de que o Concello poida elaborar unha programación ao respecto.
Esta solicitude deberá realizarse por rexistro, ben presencial na Oficina de Atención Cidadá ou ben telemática a través do portelo dixital https://ventanilla.riveira.es/, dependendo do caso.
Por último, a Comisión aprobou tamén a elaboración dun plan semanal de desinfección de instalacións municipais cos nebulizadores adquiridos para esta fin.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.