Ribeira abre o luns 25 o estadio de atletismo Ana Peleteiro

22 Maio 2020

O concellod e Ribeira informa que a partir do próximo luns 25 de maio poderase solicitar o uso do estadio de atletismo “Ana Peleterio” tendo e conta o seguintes condicionantes:

  • Cita previa: No teléfono 981 87 36 46 (horario de atención ao público de luns a venres de 9.30h. a 13.30h.).
  • Quendas: De luns a venres: de 10h. a 11.45h./de 12h. a 13.45h./ de 18h. a 19.45h./ de 20h. a 21.45h. Sábados: de 10h. a 11.45h./de 12h. a 13.45h.
  • Aforo máximo da instalación 18 persoas, incluídos adestradores/as ou acompañantes (só se fose necesario).
  • Preferencia: Á hora de reservar instalación, terán preferencia nesta orde: 1º os clubs de atletismo locais, 2º resto de clubs locais e 3º resto de usuarios/as.
  • É obrigatorio cambiar as zapatillas para utilizar a instalación.
  • É obrigatorio respectar unha distancia mínima de 2 metros entre persoas en todo momento (10 metros no caso de ir correndo detrás de outro/a atleta).
  • Non se pode tocar nin manipular ningún elemento da instalación (se fose necesario, falarase coa persoa responsable desta).
  • zona de pértega/ altura non se poderá utilizar como tal. Esta zona estará destinada para quecemento, técnica de carreira, etc.; pero sempre respectando a distancia de seguridade.
  • As zonas de lonxitude e lanzamentos terán un aforo máximo de 3 persoas, pero as execucións faranse de un e un e respectando a distancia de seguridade.
  • campo de herba poderase utilizar para rodar ou facer outro tipo de exercicios, respectando en todo momento a distancia de seguridade.
  • Non se poderán utilizar vestiarios. Poderán utilizarse as bancadas para deixar mochilas e cambiarse de roupa (estará debidamente acoutado o espazo).
  • Recoméndase a utilización de guantes e máscara.
Complexo deportivo da Fieiteira Ribeira

Outros artigos

Aguiño segue en loita para cubrir as baixas na atención sanitaria 

A contorna do Centro de Saúde de Aguiño volveu ser escenario este venres dunha nova mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública e pola veciñanza de Aguiño para reclamar "unha atención sanitaria digna e a cobertura de todo o persoal necesario...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.