Rianxo celebrou as Letras Galegas cunha publicación sobre Carvalho Calero

20 Maio 2020

O Concello de Rianxo sumouse ás celebracións do Día das Letras Galegas, celebracións que viñeron marcadas por unhas restricións á actividade presencial que foron contrarrestadas polas institucións, os colectivos e os cidadáns cunha manchea de actividades online.

Esta foi tamén a fórmula do Concello de Rianxo, que quixo honrar ao ferrolán Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano na festividade do 17 de maio, cunha pequena publicación dixital onde se afonda na súa vida, na súa traxectoria, no seu legado e na importancia do seu pensamento como elemento primordial de unión coa lingua e a cultura portuguesa. Podemos descargar a publicación en formato PDF a través da páxina web do Concello de Rianxo, www.concelloderianxo.gal.

Outros artigos

Julián Bustelo e Ana Vidal visitan a rapazada do Concilia Verán 2026

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, e a concelleira de Xuventude, Ana Vidal, visitaron esta semana aos nenos e nenas participantes no programa Concilia Verán 2026: unha completa axenda de actividades para favorecer no concello a harmonía entre o tempo de lecer da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.