Rianxo achegará 500 euros en axudas para financiar o equipamento anti-COVID das empresas

20 Maio 2020

Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo

Entre as medidas concretas do Concello de Rianxo para facer efectiva a súa fórmula anti-crise (unha fórmula que pasa por facer fronte común arredor das empresas locais) figura unha liña de axudas, dada a coñecer os días pasados e aprobada por unanimidade polos voceiros da Corporación, que achegará un máximo de 500 euros por negocio para contribuír a afrontar os gastos xerados dende o inicio do Estado de Alarma pola pandemia.

En termos máis concretos, o Concello pretende mitigar os problemas que se derivaron nas empresas locais por mor dunha falta case absoluta de ingresos que, ao mesmo tempo, veu acompañada da necesidade de equiparse para facer fronte á reapertura, por exemplo elementos para garantir a seguridade sanitaria como máquinas expendedoras de líquidos desinfectantes, arcos de seguridade, biombos, etc.

Neste senso, o Concello co-financiará até o 50 % dos gastos ou investimentos até un máximo de 500 euros por solicitude. A partida total será de 40.000 euros, que poderá ser ampliada en caso de dispoñibilidade e de demanda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...