Rianxeira achéganos pautas para xestionar os incrementos de residuos domésticos no confinamento

06 Maio 2020

JEALSA Rianxeira vén de achegarnos unha serie de consellos prácticos sobre a correcta reciclaxe dos refugallos domésticos que non están de máis nestes tempos de confinamento, se temos en conta que, precisamente por aumentar o tempo pasamos no fogar, increméntase tamén os residuos que xeramos. “Debemos lembrar que temos que seguir reciclando, non só para manter limpo o noso fogar, senón polo noso planeta”, sinala a empresa boirense.

Sobre este punto, dende Rianxeira poñen o foco na necesidade de ler as etiquetas dos envases para resolver as dúbidas que poidamos ter sobre onde depositar un material desbotado concreto. No respecta ao caso concreto dos produtos de Rianxeira, a empresa recorda que os envases de papel e cartón dos seus produtos teñen que ir para o contedor azul, e as latas (plásticos e envases) para o acubillo amarelo.

A conserveira tamén nos recomenda reducir o tamaño dos refugallos para introducir a meirande cantidade deles nunha mesma bolsa e pon o foco tamén na sensibilización a nivel doméstico: cómpre inculcar os hábitos de reciclaxe nos máis pequenos da nosa casa, un pequeno-gran xesto que “pode marcar a diferencia para a sustentabilidade do medio ambiente nun futuro próximo”.

Outros artigos

“Lonxe”. Xulio Xiz

Arredor da Muralla romana contrastaba estes días o poderío desafiante dos tractores coa resistencia milenaria das pedras que resistiron guerras; mesmo coma esta, pacíficas e xustas, contra inimigos lonxanos e incógnitos. Combaten os tractores - de última xeneración ou...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

“Tú, yo, nosotros” – Manuel Domínguez

Tú, yo, nosotros.Leyendo a Tucídides y su Guerra del Peloponeso, me lleva a desarrollar el siguiente artículo.En el año 416 a C, Atenas pide a la isla de Melos se entregue al poder de Atenas, esta confía en que Esparta la ayude, pero no, queda a abandonada su...

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

“E do pobre Fernández nunca máis se soubo” – Antón Luaces

Namoramos, casamos e fomos pais en tempo de ditadura. No lombo, no canto de estrelas amarelas luciamos, marcado a fondo, o desexo de mellorar. E melloramos deixando de traballar o sábado pola tarde e a costa do pluriemprego que nos permitiu acceder a préstamos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.