Reactívanse o punto limpo da Pobra e o servizo de recollida de residuos voluminosos

18 Maio 2020

Co inicio desta semana, reiniciouse a actividade no punto limpo municipal da Pobra do Caramiñal, ao que cómpre engadir o servizo de recollida de residuos voluminosos, polo que as veciñas e veciños que estiveron os días pasados, na fase máis crítica do Estado de Alarma, aprazando o intre de desfacerse dalgún elemento que pola seu tamaño e características non podía ser depositado nos contedores convencionais, xa pode facelo a través das súas devanditas vías: ou ben achegándose ao punto limpo ou ben contactando co servizo de recollida.

Os horarios de atención ó público no punto limpo son de 10:00 a 13:00 de luns a sábado. O Concello lembra que neste espazo será imprescindíbel manter as medidas de seguridade estabelecidas para a prevención da transmisión da COVID-19.

Polo que respecta á recollida de residuos voluminosos en puntos próximos ós domicilios formalizarase a través de aviso previo no teléfono 981 871 808, onde o servizo de atención ao público da concesionaria de recollida de lixo determinará o día e hora da recollida.

A respecto do regreso destes servizos, o Concello da Pobra aconsella facer usos deles con “responsabilidade”, co obxectivo de garantir a meirande seguridade sanitaria.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.