PORTOS DE GALICIA REGULA O ACCESO DOS ARMADORES DE EMBARCACIÓNS RECREATIVAS ÁS INSTALACIÓNS NÁUTICAS

10 Maio 2020

Portos de Galicia, dependente daConsellería do Mar, vén de promulgar a instrución que regula o acceso ás instalacións portuarias náutico-recreativas concesionadas ou de xestión directa do ente público aos
armadores deste tipo de embarcacións. O organismo portuario que preside Susana Lenguas ten dispoñible na súa páxina web( ww.portosdegalicia.com ) a resolución ditada a raíz dacordo do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria de Galicia(Cecop) onde se inclúe o mantemento e uso de embarcacións deportivas e de recreo.
Segundo recolle a instrución, o acceso dos particulares ás súas mbarcacións autorízasesuxeito a determinadas restricións tanto nas instalacións de xestión directa daAdministración pública como nas concesionadas. Os obxectivos para os que se permitirá o acceso ás embarcacións serán as visitas de inspección e seguridade ás embarcacións a flote nos peiraos ou varadas en mariñas secas ou espazos destinados a tal fin, así como para a navegación deportiva individual autorizada polo organismo competente.
O acceso aos portos deportivos rexerase polas medidas de carácter reventivo ditadas polas autoridades sanitarias en relación aos desprazamentos e distanciamento social. Estas medidas complementaranse con outras específicas no caso dos peiraos, como o acceso individual ás embarcacións impedindo a interacción entre usuarios; o acceso en horario
diúrno salvo emerxencias; a acreditación da titularidade da embarcación; a organización por quendas do persoal portuario; as restricións de acceso a instalacións comúns e oficinas e a prohibición da presenza dos usuarios nos espazos portuarios por calquera outra razón non vinculada ás tarefas de mantemento, coidado ou acceso ás instalacións.
No caso de instalacións de xestión directa por parte de Portos de Galicia, as normas de acceso serán as seguintes: a duración máxima da estancia será de dúas horas; o acceso será individual e a embarcacións non sucesivas nin lonxitudinal nin transversalmente; e será preceptivo manter a distancia interpersoal mínima de dous metros en todo momento con especial atención ao tránsito polos pantaláns.

Porto de Ribeira

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.