Petición de cinco anos de prisión para un barbanzán acusado de abusar sexualmente dunha menor

30 Maio 2020

As dilixencias abertas contra o presunto abusador proceden do xulgado de instrución número 1 de Ribeira (A Coruña).

A fiscalia relata que en 2017 o home entrou na habitación onde estaba a menor vendo a televisión “coa escusa de instalar a wifi”. Nese momento achegouse a ela e, tombándose na cama ao seu lado, ofreceulle diñeiro para comprar lambetadas e “ao mesmo tempo comezou a realizarlle tocamentos en zona vaxinal e peitos”. Só parou cando a menor propinoulle un lapote, reza o documento. Ademais, noutra ocasión, días despois, a menor estaba no baño e o seu parente achegouse a ela por detrás e empezou a “fregar os seus xenitais contra ela” ata que ela empuxouno para separarse. Por estes motivos, a audiencia provincial xulgará o caso o próximo 5 de xuño, ás 9,30 horas da mañá na sección sexta, situada en Santiago. Alí, o home será xulgado a porta pechada por un delito de abusos sexuais. Enfróntase a unha pena de cárcere de 5 anos e ao pago dunha indemnización de 6.000 para o representante legal da menor polos danos morais causados.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

“El alma, un sentimiento” – Manuel Domínguez

El ser más débil del universo, se considera el rey del Mambo. El hombre proa histórico se considera el dueño del universo, se considera inmortal a través del alma, se considera todo en el todo siendo nada, el mas devil. Los peces no necesitan al hombre para vivir,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.