Operativa, aínda que con estritas medidas de seguridade, a sala de lectura da Biblioteca de Ribeira

27 Maio 2020

Coa entrada dos nosos concellos na fase II da desescalada houbo unha serie de boas novas en materia cultural, por exemplo a reapertura máis ampliada das nosas bibliotecas municipais, logo da activación os pasados días do servizo de préstamo con cita previa. Este 25 de maio a Biblioteca de Ribeira comunicou á veciñanza a operatividade da súa sala de lectura, sen dúbida unha importante novidade para permitir que as seareiras e os seareiros dos libros se dean aproximado un chisco máis aos fondos da sala, logo de meses sen poder usar o servizo.

Iso si, a Biblioteca advirte que as medidas de seguridade, saúde e hixiene seguen perfectamente vixentes, e que para o uso da dita sala será de obriga empregar máscara e manter a distancia de seguridade con outras persoas, alén doutras normas básicas sanitarias (como por exemplo o aforamento máximo de 15 persoas por día, sendo prioritarias aquelas consultas feitas previamente por teléfono, no 981 835 650 ou no correo ribeira.rbgalicia@eidolocal.es).

A sala de lectura terá un horario de 9 a 14 horas, e quedan excluídos o servizo de lectura de prensa e máis os computadores de uso público.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.