O venres remata a matrícula do curso 20/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas concertadas

26 Maio 2020

A presentación das solicitudes deben realizarse preferentemente de maneira telemática a través da sede electrónica da Xunta.
 Será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos.
 En cada unha das sete principais cidades de Galicia, polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito da tarde.

PRAZO.- Esta aberto ata o vindeiro venres día 29 o prazo de inscrición para o curso 2020/21 nas escolas infantís públicas autonómicas e nas prazas públicas concertadas en escolas infantís de iniciativa privada.
Coa apertura do prazo de matrículas, a Xunta procura diminuír a inquedanza das familias sobre o vindeiro curso nas escolas de 0 a 3 anos, á espera de que o Goberno central fixe uns criterios claros sobre os prazos e condicións para a reapertura destes centros.
A presentación das solicitudes debe realizarse preferentemente de maneira telemática a través dos formularios dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia. Con esta medida, trátase de evitar que as familias se teñan que desprazar nesta situación de emerxencia sanitaria.
No vindeiro curso haberá dúas grandes novidades. En primeiro lugar, este será o primeiro curso completo no que se aplique a gratuidade para segundos fillos e sucesivos na atención educativa. En segundo lugar, en cada unha das sete principais cidades de Galicia polo menos unha escola infantil pública autonómica ampliará o seu horario de apertura ata as oito
da tarde, co fin de mellorar a conciliación das familias.
Cómpre indicar que as prazas públicas da rede autonómica e as contratadas en escolas privadas compleméntanse coas prazas que a Xunta financia en escolas de iniciativa social e a través do Bono Concilia, así como coas que dependen dos concellos.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.