O Museo de Pontevedra convoca á rapazada cada sábado con contos confinados virtuais

05 Maio 2020

O Museo de Pontevedra vai desenvolver unha serie de interesantes actividades para as nenas e nenos durante este mes de maio que vén de comezar, co fin de achegarlles lecer literario nesta fase de desescalada do Estado de Alarma. Trátase de catro sesións dos Contos confinados virtuais para os sábados deste mes, a partir das 12.00 horas. A iniciativa busca manter “a actividade lúdica destinada á rapazada e apoiar ao sector cultural no actual momento de incerteza”. As citas correrán a cargo de Migallas Teatro, Polo Correo do Vento, Beatriz Campos e Felipe Díaz “Caxoto”, da compañía A Trastenda dos Contos.

Segundo explica o director do Museo, Xosé Manuel Rey, a posta en marcha desta proposta ten unha dupla intencionalidade. Trátase, por unha banda, de tentar manter aquelas iniciativas que forman parte da programación lúdico-cultural que o Museo de Pontevedra lles adoita adicar ás nenas e nenos e que se poden realizar nun formato diferente ao presencial utilizando canles coma o perfil de Facebook e a páxina web do Museo de Pontevedra. Por outra banda, con esta iniciativa quérese seguir apoiando o sector cultural na medida do posíbel “nun momento de incerteza coma o que se está a vivir”.

As pezas, que se publicarán cada sábado, foron gravadas polas e polos artistas nas súas propias casas e cos medios dos que dispoñen nelas, facendo un exercicio de adaptación, a todos os niveis, ás novas circunstancias que obrigan as persoas a estar confinadas a meirande parte do tempo. Ademais, as actuacións programadas serán interpretadas en lingua de signos pola Organización de Diversidade Sensorial de Galicia (Xoga).

Outros artigos

Os Reis Magos encheron de ilusión o Pavillón da Fieteira en Ribeira

A maxia e a ilusión invadiron esta tarde o Pavillón da Fieiteira en Ribeira, que acolleu finalmente, debido ao mal tempo, todas as actividades festivas relacionadas coa recepción dos Reis Magos tras suspenderse a Cabalgata. Miles de persoas non quixeron perderse o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

“A toda vela, outra volta!: non queda outra! ” – Antón Luaces

A fame obriga. Ou, o que ven ser o mesmo, a necesidade de reducir custes fai que experiencias acumuladas durante séculos, obriguen aos armadores de todo tipo de buques a repensar antes de investir na construción de novos buques: retornan as velas e, desta vez, non só...