O Hospital do Barbanza suma un novo enfermo da covid- 19 nas últimas horas

30 Maio 2020

O último informe da Consellería de Sanidade sobre a evolución da pandemia constata que continúa á baixa a cifra de persoas que foron contaxiadas polo virus, e nestes momentos hai tres pacientes menos que na xornada previa que están a ser tratadas contra esta enfermidade na área sanitaria de Santiago e Barbanza.

Son 136 os enfermos a gran maioría presenta síntomas leves e están controlados nas súas vivendas a través da plataforma Telea de Sergas. Sen embargo si se produciu un retroceso no balance de hospitalizados, debido a que son unha decena -dúas máis que onte- os que están a ser atendidos no CHUS sete e no hospital de Barbanza, que pasou a tres enfermos un máis que onte. De momento só unha persoa permanece ingresada na únidade de críticos do CHUS.

Polo que se refire ao número de enfermos que xa superaron a enfermidade na área sanitaria, a cifra elévase a 1.580, seis máis que no último informe; e se continúan realizando as probas de detención do virus ( PCR), que suman un acumulado de 20.563 o que supón 155 máis nun día.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

“La salud de la merluza” – Manuel Domínguez

Parece ser que la merluza está en peligro, ¿enferma? Pues no sé solo que la noticia dice que la merluza está enferma y se está buscando beneficios para recuperar su salud. Intentaran cambiar la temperatura del agua, tal vez tanto calor le afecte, como antaño la...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.