O Concello e a Biblioteca da Pobra únense ás celebracións do Día das Letras Galegas

13 Maio 2020

Malia que a crise sanitaria impón medidas de limitación ao presencial (o que obrigou á aprazar as actividades tradicionais para outubro), os nosos concellos non queren deixar pasar a oportunidade de celebrar o Día das Letras Galegas, este 17 de maio, cuxa edición 2020 (sen dúbida a edición máis virtual de cantas se teñen celebrado) vai adicada ao autor e intelectual ferrolán Ricardo Carvalho Calero, alma mater da recuperación da cultura (e a lingua) común de dous pobos irmáns: o galego e o portugués. O Concello e a Biblioteca Municipal da Pobra uníronse á celebración colectiva, e fano principalmente a través do Facebook da Biblioteca (onde se irán achegando contidos e actividades arredor da cultura galega e o legado de Carvalho Calero) e dende a páxina web do Concello.

O programa comezou con contidos para a rapazada: un breve repaso da vida e obra de Ricardo Carvalho Calero, narrado polo alumnado de quinto da primaria do colexio San Pío X (Ourense).

Outros artigos

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

A Piscina Municipal da Pobra abre ao público o 22 de setembro

A Piscina Municipal da Pobra do Caramiñal retomará a súa actividade o vindeiro 22 de setembro, data na que abrirá finalmente as súas portas ao público. Desde o Concello agradécese "a comprensión amosada durante estes días" e pídeselles desculpas ás persoas usuarias...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.