O Concello de Ribeira desbloquea a contratación de 17 obras

07 Maio 2020

O Concello de Ribeira vén de anunciar o desbloqueo, logo das interrupcións motivadas polo Estado de Alarma, da contratación de 17 obras públicas no ámbito municipal, un conxunto de actuacións que implican un investimento global de 1.367.000 euros. Este xoves 7 de maio en sesións telemática, a xunta de Goberno aprobou un total de 9 expedientes de contratación e 8 clasificacións (tamén denominadas “adxudicacións provisionais”, que, segundo indicou o Concello, “deveñen en definitivas unha vez á empresa adxudicataria presenta a documentación requirida”).

No relativo aos expedientes de contratación, o Goberno ribeirense informou que os proxectos teñen relación cunha nova fase na renovación de servizos e pavimentación na avenida da Coruña (desta volta, entre a rúa da Caramecheiro e a praza dos Estudantes) e coa dotación de beirarrúas e canalización de pluviais en Cubeliños, coa renovación de servizos e pavimentación no lugar de Outeiro (Carreira), a construción de beirarrúas e subministro de auga potábel na rúa Luis Pimentel (Aguiño), a pavimentación da estrada de Bretal a Reiriz (Olveira), a pavimentación das rúas Fontenova e Alto do Rial (Castiñeiras), a pavimentación e reordenación do parque infantil do Colexio de Artes e a mellora da envolvente térmica da antiga escola unitaria e a pavimentación e pluviais na rúa Atalaia (ambas en Corrubedo). Suman investimentos por 923.018 euros, quedando pendente de aprobar tamén o expediente para a renovación de servizos da rúa do Vilar (Palmeira, cunha inversión de 134.602 euros) á espera de obter algunha autorización administrativa.

Polo que se refire ás clasificacións, figuran a pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz e a instalación de rede de saneamento con pozo de bombeo na rúa dos Bolos (ambas en Aguiño), a pavimentación e instalación de rede de pluviais no Vilar (Carreira), a pavimentación e instalación de rede de pluviais en Pedra do Pino e o reforzo da rede de pluviais e ampliación do saneamento na rúa Bos Aires (ambas en Corrubedo), a pavimentación do camiño de Sancortes e do camiño do cemiterio de Oleiros (Oleiros) e unha que beneficia a tres parroquias: beirarrúas en Iñeiras (Olveira), Francisco Lorenzo Mariño (Aguiño) e Abesadas (Santa Uxía). A estas sete obras hai que engadir a clasificación da terceira fase da escavación no xacemento arqueolóxico de Castro da Cidá. Sumando cada prezo de adxudicación provisional, supón unha inversión de 444.840 euros.

Outros artigos

Lecer na Ribeira presenta as propostas culturais para o verán

Este luns 23 de xuño presentouse en Santa Uxía a programación cultural do verán, baixo a denominación Lecer na Ribeira, que engloba todas as accións da época estival, dende esta derradeira fin de semana do mes de xuño ata a primeira quincena setembro. Na presentación...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

“Premios Lois Peña Novo” – Xosé González Martínez

Este ano as asociacións integrantes do Colectivo Galeguizar Galicia están a desenvolver moitas iniciativas novidosas para incentivaren o uso da lingua galega en todos os eidos nos que están presentes. Por poñermos un exemplo, a Irmandade Xurídica Galega, que celebrou...

“La historia de Fuente Seca” – Manuel Domínguez

Dejadme contar la historia de Fuente Seca . La pequeña aldea se estaba muriendo de soledad y abandono. El parque solitario, el silencio de la mañana y la tarde, tanto era así que hasta el rio no cantaba. La escuela cerrada, como cerrada la alegría de los viejos del...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.