O Concello de Boiro traballa no acondicionamento do edificio das Colonias como sede de entidades deportivas

30 Maio 2020

O Concello de Boiro está a traballar no acondicionamento interior e exterior do edificio das Colonias de Praia Xardín, que se vai integrar no paseo marítimo e vai acoller a diversas entidades deportivas do municipio e tamén ao persoal do departamento de deportes. O alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Obras, Luís Ruiz, e o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, visitaron onte o edificio para ver a evolución das obras.
O inmoble, do ano 1955, foi construído como albergue de vacacións de
verán para nenos e nenas das escolas públicas de Santiago. O edificio pasou a titularidade municipal nos anos 80 e tivo diversos usos. Foi escola pública,
acolleu a sede da administración local mentres a casa do concello estaba en
reformas, nel estivo tamén a Policía Local e o xulgado de paz. Xa nos anos 90 se transformou como centro para cursos de formación e tamén sede de
Protección Civil.
Desde o ano 2011, o inmoble estivo sendo usado como almacén e foi a
comezos de 2020 cando se comezaron as reformas e o acondicionamento do
edificio das Colonias de Praia Xardín para acoller ao departamento de deportes e despachos para entidades deportivas do municipio, co obxectivo de aumentar as sinerxias entre a administracións e as entidades e clubs. O edificio vai contar tamén cunha sala de xuntas e reunións de uso común e estancias para o almacenamento de material das entidades deportivas, así como despachos individuais que funcionen como sede.
Os operarios municipais están traballando tamén no acondicionamento
exterior do espazo, para que o edificio quede integrado no paseo marítimo. O exterior vai contar con beirarrúa e zonas axardiñadas, así como con carril bici, que se vai ampliar e vai continuar por a parte de atrás do inmoble e tamén se vai acondicionar o espazo con prazas de aparcamento.
A primeira planta está xa lista e agora os traballadores ultiman os
traballos na planta baixa e no exterior. A previsión é que as distintas estancias do edificio estean listas este verán e poder facer xa o traslado do persoal de deportes para o novo despacho e que as entidades deportivas poidan facer xa uso das instalacións.

Colonias Boiro

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...