O Concello de Boiro redeseña o foso da nova sede do Club de Remo de Cabo de Cruz

12 Maio 2020

O Concello de Boiro prosegue coas obras das novas instalacións do Club de Remo de Cabo de Cruz, uns traballos dos que dimos conta en marzo (salientando a continuidade da construción malia o parón produtivo motivado pola COVID-19) e que agora dan un novo paso co redeseño do foso previsto para práctica deportiva no inverno. Esta reelaboración foi decidida esta semana durante a xuntanza mantida entre o alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Obras, Luís Ruíz, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, os responsábeis do Club de Remo Cabo de Cruz e os técnicos responsables do proxecto.

Para a toma da decisión tivéronse en conta, pola miúdo, as contribucións dos responsábeis e técnicos do club, así como as recomendacións do Centro de Tecnificación Deportiva de Zaragoza en canto ao remo. O novo deseño tamén se inspira no fosos das instalacións de traíñas en Euskadi, e nas experiencias doutras instalacións existentes na comarca. Incidiuse especialmente na “ergonomía das propias traíñas” e “na posición óptima para o rendemento dos remeiros na competición”, explicaron.

Unha vez realizado o novo deseño, a partir desta semana vaise proceder á construción deste novo foso de remo, que vai ocupar 141 metros cadrados da nova instalación, cun ancho de 9 metros e unha lonxitude total de 15,50 metros. A infraestrutura vai dispoñer de sistemas específicos de circulación e impulsión de auga que permiten simular condicións reais en competición, e un deseño específico de bancadas e toletes que se axustan ás condicións reais da traíña.

Coa colaboración dos responsábeis do Club de Remo e as modificacións realizadas polos técnicos responsables da obra, “contarase cunha instalación moderna e de primeiro nivel en Galicia, á altura dos clubs nacionais que participan nas competicións de traíñas”, explicaron dende o Concello.

Outros artigos

Todo listo en Boiro para o inicio da gran Cabalgata

O Concello de Boiro, xunto coa Asociación Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, organizan un ano máis a Cabalgata de Reis este luns día 5 de xaneiro. A saída da Comitiva Real está prevista para as 18.00 horas da Magdalena e dirixirase a Boiro por Ponte Goiáns e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

“OTAN o NATO”. Manuel Dominguez III

¿Para qué sirve? La OTAN, Organización del Tratado Atlántico norte, se creó para que la unión de occidente europeo y norte de América, pudieran defenderse mutuamente si uno de los países fuese atacado, por otra potencia, léase Rusia. El problema surge cuando tenemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.