O Concello de Boiro inicia as tarefas de renovación do alumeado público

13 Maio 2020

O Concello de Boiro vai comezar na vindeira semana a renovación do
alumeado público, previsto dentro do plan de aforro enerxético e de redución de consumos e de emisións CO2. Con esta actuación vaise proceder á substitución dunhas 620 luminarias en varios núcleos do municipio e de diversos cadros eléctricos para mitigar os riscos.
As novas luminarias LED, de potencias comprendidas entre 30 e 50w e
de luz branca van substituír as actuais de Vapor de Sodio e luz laranxa,
mellorando así a nitidez nos camiños e reducindo o consumo eléctrico en case 600kw diarios. O cambio de luminarias vaise facer nos núcleos de Treites, Louriño, Brea, Valmaior, Vilariño, Sandrenzo, Comba, Crespón e Nine. Nestes lugares vaise realizar tamén a substitución de 11 cadros eléctricos, que teñen mais de 40 anos, garantindo así a máxima seguridade de uso dos tramos renovados e eliminando o risco eléctrico no caso de accidentes ou fenómenos meteorolóxicos que poidan afectar aos tendidos eléctricos.
Este cambio de luminarias vai supoñer un aforro enerxético duns 30.000
euros anuais, ademais de mellorar as prestacións lumínicas das zonas onde se actúa e reducir a emisión de ata 70 toneladas de CO2 ao ano. As luminarias led seleccionadas na adxudicación da obra son de fabricación española e dispoñen dun sistema para a telexestión remota do sistema, con vistas a que nun futuro se implemente a xestión informatizada do alumeado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.