O Concello de Boiro abre as inscricións para tres novos cursos telemáticos da aula CeMIT

27 Maio 2020

O Concello de Boiro, ao abeiro do seu programa de actividade formativa alternativa para estes tempos de restricións ao presencial, vén de presentar unha completa axenda de cursos tecnolóxicos para este mes de xuño que está a piques de comezar. Os cursos, que se van realizar por vídeo-conferencia, veñen da man da aula CeMIT local, en colaboración coa Asociación ComparTIC. Este mes de xuño haberá tres grandes novidades: Deseño 3D con Tinkercad, Iniciación ao GIMP e Iniciación ao Libreoffice Calc.

No curso de deseño 3D con Tinkercad, que se vai impartir os días 8, 9, 19 e 11 de xuño de 11.00 a 12.00 horas, os participantes terán a oportunidade de elaborar os seus primeiros deseños en 3D.

Pola súa banda, o curso de iniciación á ferramenta de edición e tratamento de fotografías, deseños e gráficos GIMP, vaise realizar os días 15, 16, 17 e 18, tamén en horario de 11.00 a 12.00 horas e nel os usuarios van aprender os conceptos básicos de imaxes dixitais, tamén unha introdución da interface gráfica e a facer montaxes simples con uso de capas para a elaboración de carteis sinxelos.

No curso de inicio a Libreoffice Calc, que será os días 22, 23 e 25 de xullo de 10.30 a 12.00 horas, os participantes van aprender a traballar con follas de cálculo, ordenación de datos, creación de gráficos…

Para inscribirse en calquera dos cursos ou solicitar información, as persoas interesadas poden poñerse en contacto coa aula CeMIT a través da web www.compartic.org, o enderezo electrónico axentetic@boiro.org ou no teléfono 981 84 26 35.

Outros artigos

As mulleres do ámbito social, protagonistas do 8M en Boiro

O Concello de Boiro celebra o 8M coas mulleres do social como protagonistas dun manifesto institucional no que participaron as mulleres de Amicos, BarbanTEA e Aloumiña que reivindicaron os seus dereitos e ratificaron o seu compromiso por unha sociedade mais...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.