O BNG pide ao SERGAS que incremente o persoal dos centros de saúde de Ribeira

25 Maio 2020

O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira vén de facer unha serie de peticións sanitarias á Corporación municipal e máis ao Servizo Galego de Saúde, o SERGAS. A agrupación require que se dote a Ribeira e, por extensión, a toda a área sanitaria de Barbanza e Santiago, de máis recursos persoais e materiais para os centros de saúde.

Segundo fai saber o BNG, a petición responde á idea de que a Corporación local “debe estar comprometida coa defensa da sanidade pública e preocupada pola situación en que se atopa este servizo público, tanto no noso concello como da Área de Saúde á que pertencemos”.

O concelleiro Luís Pérez Barral, asegura que “o deterioro faise máis evidente debido á política sanitaria do actual Goberno da Xunta”, unha política, din, “que está baseada nos recortes de recursos e orzamento, no desmantelamento de hospitais comarcais, no abandono dos centros de atención primaria, na ocultación e manipulación das listaxes de espera, na precarización e explotación do persoal, recorte de camas hospitalarias, privatización e externalización de servizos esenciais, derivacións de doentes a centros privados, desatención clamorosa da saúde mental, etc”.

O BNG engade que o concello de Ribeira “ten problemas de persoal nos centros de saúde, chegando ao punto de quedar sen persoal médico os centros de Corrubedo e Palmeira para poder concentrar o persoal no de Santa Uxía”. Desde o BNG cren que diante “desta situación” a Corporación ten que esixir do Goberno que “aumente o persoal”. Pérez Barral denuncia que “non é razoábel que haxa centros que carezan de traballadores médicos para poder dotar suficientemente o centro de saúde de Ribeira, pois con esta actuación quen paga as consecuencias é a veciñanza das zonas rurais”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.