No Barbanza 224 ordenadores entregados pola Xunta a familias con menos recursos

01 Maio 2020

A Xunta de Galicia leva entregados máis de 224 ordenadores para familias con menos recursos nos concellos da comarca do Barbanza desde o inicio da crise do coronavirus.
A distribución destes portátiles levouse a cabo nun primeiro momento repartindo os equipos dispoñibles nos centros educativos cando se decretou e estado de alarma, nese momento repartíronse na comarca 104 equipos, e posteriormente a Xunta de Galicia está levando a cabo, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), un reparto de ordenadores portátiles con conexións a internet gratuítas, para as familias con menos recursos e cuxos fillos cursen Secundaria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Esta medida realizase en colaboración cos operadores R, Vodafone e Orange. A familias reciben os equipos e a conectividade como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure o estado de alarma. Neste caso na área
do Barbanza entregáronse 120 equipos, a segunda das entregas estase levando a cabo esta mesma semana.
Esta distribución de portátiles ás familias estase levando a cabo a través dos centros de ensino, grazas á colaboración dos equipos directivos, cos que se contacta previamente para pechar a entrega do equipamento. No reparto tense en conta a súa situación socioeconómica das familias, priorizando o alumnado dos cursos de final de etapa que titulen (4º da ESO, 2º de Bacharelato e 2º de FP) e a aquelas familias que non dispoñen nos
fogares de ordenador nin de conexión a internet.
O delegado territorial Ovidio Rodeiro tamén lembrou que no momento en que se decretou o estado de alarma os alumnos integrados nos programas Abalar e Edixgal tamén tiveron a oportunidade de levarse aos seus domicilios os ordenadores, propiedade da Xunta. Neste caso, na comarca do Barbanza 428 alumnos contan con este tipo de equipos nos seus fogares. “Neste senso, apuntou Ovidio Rodeiro, hai que destacar que máis de 652 nenas e nenos da comarca do Barbanza contan con ordenadores da Xunta nos seus fogares para afrontar estes momentos tan difíciles”.

Outros artigos

CONGALSA afianza as relacións coa Associação Empresarial de Portugal

Co obxectivo de “fortalecer as relacións comerciais e explorar novas oportunidades de cooperación”, unha delegación da AEP - Associação Empresarial de Portugal, liderada polo presidente do Consello de Administración, Luis Miguel Ribeiro, visitou as instalacións de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

“A mellor, a da casa”. Luís Celeiro

Todo ao grande, como debe de ser para aparentar fartura. En A Cañiza, neste mesmo ano,Alberto fixo o bocadillo máis grande que se coñece no mundo. Era de xamón, tan grandeque ninguén era quen de comelo enteiro. A barra de pan medía uns vinte metros delonxitude e a...

“Amigos”. Xulio Xiz

“Amigos”. Xulio Xiz

Eu era de facer anotacións de todo tipo, ata que as novas tecnoloxías me mudaron os hábitos. Hai anos utilizaba unha relación de varios folios onde tiña clasificados por orde alfabética amigos e coñecidos con enderezo, teléfonos e correos electrónicos. E, á parte,...