Mar dá a coñecer que intensificará o traballo para garantir a saúde nos buques pesqueiros

26 Maio 2020

José Manuel Pena, activista de Ribeira e portavoz de Stop Deshaucios Barbanza, púxonos ao tanto esta semana da preocupante situación na que viven os mariñeiros dos nosos concellos pertencentes ao sector da pesca de baixura, pola que, sinala Pena reflectindo as comunicacións dos traballadores do mar, “constitúe unha falta de protección, seguridade e saúde nalgúns buques pesqueiros”. Pena denunciaba a existencia de barcos que “saen a faenar varios días, sen regresar a terra, e que carecen de duchas e de aseos, e non contan con luvas, nin cascos, nin máscaras de protección, e non poden garantir as máis básicas normas de distanciamento”. Estas condicións foron denunciadas por voceiro de Stop Deshaucios Barbanza ante a Consellería do Mar, expoñendo ao departamento de Rosa Quintana as principais queixas dos traballadores. Este 26 de maio, a comunicación tivo reposta da Consellería, máis concretamente da Secretaría Xeral Técnica.

Na resposta, a Secretaría lembra que a cuestión da seguridade e a saúde dos mariñeiros é “unha cuestión na que a Administración galega leva traballando dende hai varios anos”, non só no relativo á pandemia de COVID-19, aínda que tamén. “Somos conscientes da situación que algúns buques pesqueiros mantiveron en canto á dotación de medios e disposición de medidas preventivas fronte o coronavirus, especialmente no relativo á consecución de máscaras”, indica a Consellería, engadindo que “na medida das nosas posibilidades e coa atención das prioridades do sector sociosanitario”, vaise proceder a distribuír máis de 50.000 máscaras entre as entidades representativas do sector, “con especial orientación ao ámbito da pesca de baixura e o marisqueo”.

Ademais, a Consellería fai saber que xa se dirixiu ao Ministerio de Sanidade para mostrar a posibilidade de entregar materiais e equipamentos de prevención aos profesionais do sector, “mentres a consideración de esencial da actividade perdure, tendo en conta que se procedeu á entrega destes equipamentos a aquelas persoas de actividades non esenciais cuxa actividade se parou durante 14 días en abril”. E engade o departamento da Xunta: “Entendiamos e entendemos que se debería dispor a preferencia daquelas persoas profesionais das actividades esenciais, tendo en conta que as dificultades de consecución de medios naquel momento era evidente e palpable”.

No relativo ás condicións dos buques en termos de habitabilidade e saúde e seguridade a bordo, a Xunta fai saber que “estas dificultades son coñecidas” e que desta maneira “foron mostradas ás autoridades competentes neste Estado de Alarma, tanto no vinculado ao mantemento de distancias como á disposición e utilidade dos EPI recomendados”.

A Consellería lembra que o 15 de marzo foi publicado un documento con recomendacións para o desenvolvemento da actividade nos buques e auxiliares de acuicultura con porto base en Galicia, realizadas e emanadas até que non existisen instrucións directas e específicas da Sanidade Marítima (Instituto Social da Mariña, competente ao respecto) e Capitanías Marítimas, “cuestión que sucedeu oito días despois”.

Ademais, demandouse “a incorporación ao recoñecemento médico previo ao embarque efectuado polo ISM da realización de test de detección da COVID-19 aos tripulantes dos buques de altura e gran altura que permanezan máis de 10 días nas súas mareas e que non dispoñan de asistencia médica inmediata, cuestión que está en vías de disposición e execución”.

Outros artigos

Mar dialoga coas confrarías para afrontar os retos do sector pesqueiro

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, xunto co director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, mantivo un encontro cos presidentes da Federación Galega de Confrarías de...

+

O Club Náutico de Rianxo achega en agosto un curso de vela lixeira

O Club Náutico de Rianxo acolle, do 3 ao 7 de agosto, un curso de iniciación á vela lixeira co que colabora o Concello de Rianxo. Pola esquerda, o presidente da Federación Galega de Vela (Manuel Villaverde), o rexedor Julián Bustelo e o vicecomodoro do Club Náutico de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.