Mañá xoves un webinar dará conta das medidas de reactivación do sector cultural galego

06 Maio 2020

Este xoves ás 17:00 horas a Consellería de Cultura e Turismo organiza un webinar dirixido a profesionais da cultura para presentar o Plan de Reactivación do Sector Cultural Galego fronte ao Coronavirus, co obxectivo de achegar información de primeira man sobre as principais medidas de choque e resolver dúbidas e consultas que esta iniciativa poida xerar.
Neste encontro virtual participarán o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez; o director do IGAPE, Juan Manuel Cividanes; o director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.
Para poder asistir a este webminar que terá lugar a través da plataforma institucional para videoconferncias da Xunta de Galicia (Cisco Webex), é preciso rexistrarse vía web, estando limitada a participación a un milleiro de persoas a través desta plataforma, existindo tamén como canle alternativa YouTube, o que facilita unha participación máis ampla de actores do sector cultural interesados en tirar proveito das ferramentas que axudarán a superar a crise provocada pola COVID-19.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...