Licitada a renovación de servizos e pavimento na Avenida da Coruña entre Caramecheiro e a Praza dos Estudantes de Ribeira

18 Maio 2020

O Concello de Ribeira informa da licitación dunha nova actuación consistente na renovación de servizos e pavimentación na avenida da Coruña, no seu tramo entre a rúa Caramecheiro e a praza dos Estudantes: unha actuación que, valorada en 332.834,85 euros, prosegue coa renovación desta vía, unha das principais portas de entrada e saída da cidade
ribeirense.
Conforme ao proxecto elaborado polos técnicos municipais, a actuación inclúe a renovación das beirarrúas en ambas marxes da calzada (448 na esquerda e 404 metros na dereita, é dicir, na máis pegada ao mar). A tal efecto colocarase baldosa de formigón de cores gris escura e branca en sintonía coas fases anteriores. En todo o itinerario se mellorará a accesibilidade.
Así mesmo, serán renovados tanto a rede de pluviais como as de saneamento e auga potable. Para as augas pluviais disporanse tubaxes corrugadas de PVC de 315 milímetros de diámetro en ambos marxes (de 428 metros na esquerda e 247 metros na dereita). Para o saneamento, colectores de PVC compacto de idénticas lonxitudes. E en canto ao abastecemento de auga, tubaxes de PVC de alta densidade de 160 milímetros con longos de 430 metros na marxe esquerda e 160 na dereita.
O prazo de execución son cinco meses.A obra adscríbese ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2019.
As empresas interesadas dispoñen para presentar as súas ofertas ata o 3 de xuño á medianoite. Débese facer a través do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

Avenida da Coruña en Ribeira

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

“¿Dónde está el cuchillo?” – Manuel Domínguez

Le invite a yantar en casa, me esmere en demostrar mis dotes culinarias, preparé lo que a él le gustaba, no se trata de presumir, sino agradar a un invitado, tratarlo como se trata a quien adorna mi casa, las buenas amistades embellecen. Hoy disfrutas de una bella...

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

“Hungría, la fuerza de la democracia” – José Castro López

Budapest es una de las ciudades más bellas de Europa capaz de evocar en el visitante el recuerdo de una grandeza histórica. Pero hasta el domingo 12, allí se podía constatar un sentimiento extendido de tristeza en muchos ciudadanos que coincidían en que el país había...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.