Incidencia masiva no servizo de Internet do operador R

05 Maio 2020

Dende preto da unha do mediodía o operador de telecomunciacións R experimenta unha incidencia que deixou sen acceso á Rede a boa parte de Galicia nun momento crítico, no que a poboación está confinada, con moitos cidadáns teletraballando ou tirando proveito da formación en liña, polo que a reacción en redes sociais non se fixo agardar, e centos de mensaxes preguntaban pola incidencia que non foi recoñecida publicamente pola compañía até preto das dúas e cuarto, cando pediron desculpas polas molestias sen dar detalles sobre prazos de resolución. Paralelamente os usuarios protestaban na Rede por non recibir información por canles oficiais e por estar saturado o servizo de atención telefónica dende case o primeiro minuto da incidencia.
Curiosamente non foron poucos os que decatáronse de que, como durante algunha outra incidencia anterior, o que estaba a fallar en R eran os servidores de DNS, polo que animaban aos usuarios a configurar manualmente os seus equipos coas DNS de Google ou as de Cloudflare, solución que parecía funcionar correctamente e da que curiosamente non se fixo eco o operador, co que poderían ter facilitado que moitos usuarios recuperasen o acceso á Internet.
Dende páxinas web como Downdetector ou Fing consideran a incidencia solucinada tras máis de 4 horas sen servizo, o que supuxo un serio problema para moitos usuarios, que na situación actual de confinamento teñen unha necesidade maior que nunca de conectividade para traballar, estudar ou, simplemente, prover de contidos ao seu lecer doméstico.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.