Eva Iglesias e Ana Peleteiro impulsarán a viraxe dixital de Vai de Peixe

07 Maio 2020

Os tempos que estamos a vivir condicionan non só o contido das mensaxes, senón tamén a forma. Así, que ninguén se estrañe se as iniciativas de información e divulgación que se lanzan estes días teñen, máis ca nunca, unha vontade virtual e tecnolóxica reforzada, acaída para salvar os atrancos da crise, das restricións ao presencial e dos confinamentos. Isto é o que vén de facer a Consellería de Mar, que lle deu unha viraxe aínda máis dixital á súa campaña Vai de Peixe, destinada a lembrarnos a importancia de consumir produtos do mar e manter, grazas a eles, unha alimentación saudábel. En termos máis concretos, en maio e en xuño a campaña será apoiada nas redes por catro influencers, entre os que se conta con dúas senlleiras veciñas do Barbanza: Ana Peleteiro (Ribeira) e Eva Iglesias (Rianxo). Haberá charlas, concursos, retos e sorteos “adaptados á situación en vigor”.

Segundo informou Mar nun plano máis concreto, este cambio supón a programación de “actividades novas e vinculadas coa difusión do mar e o consumo dos seus produtos, entre elas, charlas en directo en Instagram, concursos, retos e sorteos que contarán coa colaboración dos catro influencers da iniciativa e adaptados ao contexto actual marcado pola COVID-19”.

Estas novas accións que se realizarán ao longo deste mes e en xuño, difundiranse sobre todo no perfil de Instagram desta iniciativa e na súa páxina web e nelas animarase á participación das persoas cunha idade comprendida entre os 18 e os 35 anos. “Farase fincapé de xeito ameno en aspectos como a importancia de manter unha alimentación saudábel e o consumo habitual de peixes e mariscos nesta época”, informou a Consellería, engadindo que algunha destas accións estarán protagonizadas pola atleta olímpica ribeirense Ana Peleteiro, a presentadora rianxeira Eva Iglesias e os youtubers Percebes y Grelos e Coque Macho. Iranse difundindo progresivamente a través da web, o perfil de Instagram, o Facebook e a canle de Youtube de Vai de peixe.

Así, entre as actividades contempladas para estes dous meses están sesións en directo de preguntas e respostas no Instagram con Ana Peleteiro, sobre os seus hábitos de alimentación, na que teñen moita presenza os produtos da pesca e da acuicultura, e sobre como adestra desde a casa con consellos para unha boa práctica deportiva nesta época.

Tamén se realizarán algúns directos de Instagram nos que participarán algúns influencers de Vai de peixe, que charlarán entre eles e nos que estarán presentes dalgún xeito os produtos do mar. Un deles contará coa colaboración da cantante e compositora galega Sabela Ramil. A maiores de todo isto, está programada a organización de concursos, entre eles un vencellado co Día das Letras Galegas, e outros con fotografía nos que o fío condutor será o eido do mar e os produtos da pesca e da acuicultura e algún reto relacionado coa música e o ámbito marítimo-pesqueiro.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.