Educación reabre este luns 11, o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2020/21

10 Maio 2020

Desde mañá luns día 11 e ata o seguinte luns, 18 de maio, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional reabre o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2020/21, para aquelas familias interesadas que non puideron presentala durante o período ordinario (do 1 ao 20 de marzo pasado), ao verse suspendido o prazo pola declaración do estado de alarma o 14 de marzo.
Cómpre lembrar que este período de admisión vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aquel alumnado de Educación Infantil, de Educación Primaria, de ESO e de
Bacharelato que desexa cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Deste xeito, e tal e como se pode consultar Portal Educativo , o prazo de presentación de solicitudes de admisión reanúdase mañá día 11, e remata o 18 de maio, ambos incluídos.
Ademais axústanse distintas fases do proceso para procurar a súa tramitación coa maior brevidade. Así, as listaxes provisionais do alumnado admitido e excluído publicaranse ata o 9 de xuño e as definitivas ata o 26 de xuño. O prazo ordinario de formalización de matrícula para todas as ensinanzas irá do 1 ao 10 de xullo e o extraordinario, para Secundaria e
Bacharelato, do 1 ao 10 de setembro.
As solicitudes de admisión poderán presentarse, preferentemente, de xeito telemático na aplicación ‘admisionalumnado’ ( https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado ), que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala por vía electrónica a través da propia aplicación, ou de maneira presencial no centro. Ademais, deste modo, poden consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do
proxenitor ou proxenitora asinante.
As solicitudes tamén se poden presentar de xeito presencial nos centros escolares nos mesmos prazos (do 11 ao 18 de maio). Precisamente para atender o proceso de admisión presencial, na súa última reunión desta semana, o Centro de Coordinación Operativa (Cecop) acordou modificar o horario de presenza dos equipos directivos nos centros educativos. Deste xeito, no caso dos centros de seis ou máis unidades, deberá estar cando
menos un membro do equipo directivo, diariamente, no horario habitual do centro; e nos de menos de seis unidades deberá estar o director ou docente responsable os días precisos para a realización dos trámites. O persoal administrativo deberá estar tamén nos centros o tempo que considere preciso a dirección para atender todos os trámites derivados deste
proceso e doutros procedementos.

11,15 h.- A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitará a escola infantil Cativos Restollal (rúa do Restollal, 12). foto xoán crespo 17/06/2019

Outros artigos

Choivas e vento marcarán o luns 19 nas Rías Baixas e en Santiago

O luns 19, San Mario, entrará unha fronte fría polo noroeste que se irá desprazando cara ao leste ao longo da xornada. Esta situación deixará ceos nubrados e precipitacións, que serán máis frecuentes e intensas no terzo norte, onde poderán presentarse en forma de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

“Ketty Garat, periodista de año” – José Castro López

La elección de la ferrolana Ketty Garat como mejor periodista del año 2025 por parte de la Asociación de la Prensa de Madrid no es solo un reconocimiento a su actividad profesional impecable, es también una reivindicación del periodismo de investigación, esencial para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.