Desembarco de turistas no Barbanza durante o confinamento

22 Maio 2020

O programa de Ana Rosa en Tele 5 dedicou esta mañá unha ampla reportaxe á presenza de turistas doutras comunidades, principalmente madrileños, cataláns, vascos e andaluces, durante a fase de confinamento no Barbanza.

Boiro, Rianxo, A Pobra, O Son e Ribeira parecen ser as zonas mais afectadas xa que moitas das segundas residencias que permanecen pechadas todo o ano amosan desde hai semanas as persianas levantadas, e apreciase a presenza de xente de fora como denuncian veciños e a propia policía local. Os desprazados poñen como disculpa que estaban aquí antes do estado de alarma.

A reportaxe amosou tamén os controis existentes entre provincias en concreto nos accesos á ponte de Catoira, onde axentes da Garda Civil proceden a comprobar os ocupantes dos vehículos.

Control da garda civil no acceso á Ponte de Catoira

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

“Falta de oportunidades e marxinación” – José Manuel Pena

Hai xente moi miserable. Chamando ratas, animando á caza e á pesca de migrantes por parte de responsables públicos é un evidente delito de odio e unha carencia de ética e moralidade da máis elemental. Os cidadáns normais non podemos unir o noso silencio ante tantas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.