Comezaron as obras de pavimentado e pluviais da rúa das Escaleiras en Ribeira

25 Maio 2020

O Concello de Ribeira informa de que está en marcha o arranxo da rúa das Escaleiras no barrio histórico de Bandourrío, perpendicular á rúa Manzanares. Os traballos consisten no pavimentado e no equipamento de pluviais e saneamento. Operarios da empresa Marqués de Marancán están executando esta obra, que comporta un investimento de 35.377 euros, IVE incluído. O seu prazo de execución son catro meses.

Conforme ao proxecto técnico elaborado polos servizos municipais, o obxecto perseguido residen en mellorar o entorno. Con tal motivo instalarase unha tubaxe de 85 metros de longo para augas pluviais (xunto a 6 arquetas sumidoiro, 6 pozos de rexistro e 6 acometidas domiciliarias) e outra de 85 metros para saneamento (con 6 pozos de rexistro e 8 acometidas domiciliarias).

Os pavimentos afectados serán repostos con pavimento asfáltico ou lousas de granito, segundo o caso. As escaleiras serán reconstruídas con novo pavimento de formigón.

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.