Boiro pon a punto todas as súas praias para a tempada estival

29 Maio 2020

O Concello de Boiro vén de facer balance dos traballos que está a desenvolver para acadar o óptimo acondicionamento das praias de cara á tempada estival que comeza progresivamente por mor da desescalada. Os traballos, segundo informa o Goberno local, estanse a realizar en todos os areais do termo municipal, con tarefas de limpeza e roce, así como con traballos de xestión orientados a garantir a seguridade sanitaria. Neste punto, e á espera de que as restricións medidas de control de aforamento se vaian establecendo, a Policía Local adícase a verificar que non se fagan aglomeracións na praia, asegurando que os bañistas gardan a distancia de seguridade. Amais, estanse a colocar en todos os areais contedores para a recollida selectiva de residuos.

Condicións de calidade excelente

Segundo engade o Concello, as praias de Boiro están en condicións para o baño, “xa que as analíticas que se fan cada ano por Sanidade revelan que as augas do municipio son de calidade excelente”. No termo municipal estas análises fanse nas praias de Barraña, Barraña-Saltiño, Carragueiros, Ladeira do Chazo, Mañóns, Piñeirón, Portomouro, Retorta e Ribeira Grande.

O Concello está traballando tamén no espazo de autocaravanas de Praia Xardín e Mañóns. A previsión é que abra na segunda quincena do mes de xuño, pero cunha serie de restricións de aforamento para “poder garantir as medidas de seguridade e distancia social”. Neste punto, iniciáronse as tarefas de roce e acondicionamento nos dito aparcadoiros de lecer.

Outros artigos

O Ciclo Mestre Mateo leva Sirāt a Boiro, este domingo no Centro Social

Proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo. Este domingo 25 chegará unha nova cita co mellor cinema galego da man do director Oliver Laxe e o seu último filme Sirāt. Será ás 19.00 horas no Centro Social de Boiro. Sirāt é un filme dramático e de...

+

En Boiro, aprobados os 954.642 euros do POS+ adicional da Deputación

A Corporación do Concello de Boiro celebrou este xoves 22 de outubro o seu novo pleno ordinario, unha sesión que se puido verse novamente a través da canle municipal de Youtube e que saldou, entre outros, coa aprobación definitiva do POS+ adicional da Deputación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.