Barbanza superou a temperatura de Andalucía en plena vaga de calor

29 Maio 2020

A vaga de calor que quece estes días toda España está a ter unha especial incidencia na nosa comarca, que se situou entre as áreas xeográficas estatais onde se acadaron as temperaturas máis altas, por exemplo os case 36 graos rexistrados en Boiro onte e máis antonte, tal e como reflectiron as estacións da AEMET no monte Iroite (cos seus 35,9 graos de máxima) e máis en pleno termo municipal (34,6).
Na xornada deste venres (e tamén nas do sábado, domingo e luns) semella que imos seguir a mesma tónica: sufocándonos e buscando fuxir á praia, para refrescarnos no mar, en canto teñamos ocasión.
Segundo nos contan dende GCiencia, a devandita temperatura rexistrada en pleno Boiro pola AEMET este mércores e este xoves só foi superada nunha décima pola temperatura marcada no aeroporto de Córdoba. O portal científico advirte de que é posíbel “que este ascenso de temperatura puntual se deba, no caso excepcional do Iroite, a un fenómeno de inversión nocturna que fixera ascender aire cálido cara ao cumio do monte”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.