Ata o 29 de maio para presentar traballos o XXVIII concurso literario escolar das Letras Galegas do concello de Ribeira

12 Maio 2020

A declaración de pandemia e estado de alarma non foron impedimento para que se manteña este ano unha das iniciativas culturais máis arraigadas: o Concurso Literario Escolar das Letras Galegas organizado polo
Concello, que cumpre a súa 28ª edición e vén de adaptar as súas bases para que o alumnado que desexe participar poida enviar telematicamente as súas creacións de poesía, prosa ou banda deseñada a un enderezo electrónico: normalizacion@ribeira.gal.
Dispoñen de prazo ata o 29 de maio.
Dende o Concello de Ribeira se está a elaborar tamén un programa de actos conmemorativos do Día das Letras Galegas para este domingo 17 de maio do que se informará nos próximos días

BASES DO XXVIII CONCURSO LITERARIO ESCOLAR DAS LETRAS GALEGAS DO CONCELLO DE RIBEIRA:

  1. Participantes:
    Escolares do municipio con idades comprendidas entre 7 e 13 anos.
  2. Categorías: Establécense dúas categorías
    A) de 7 a 10 anos de idade
    B) de 11 a 13 anos de idade
  3. Modalidades: Para todas as modalidades o tema será orixinal e libre, en lingua galega.
    POESÍA: Máximo 25 versos.
    PROSA: Máximo 2 folios
    BANDA DESEÑADA: Máximo 2 folios
  4. Presentación:
    Os traballos conterán un título e/ou un pseudónimo, pero sen sinatura. Manterase así o anonimato
    da autoría para salvagardar a ecuanimidade na valoración do xurado.
    a) Se presenta as obras o centro de ensino:
    Os traballos enviaranse por correo electrónico ao enderezo normalizacion@ribeira.gal,
    identificados por categorías e modalidades (en arquivos comprimidos ZIP, RAR…, se así o desexan). Achegarase tamén nestes correosunha lista, encabezada polo nome do centro de ensino, co nome e apelidos do alumnado participante e o título e/ou pseudónimo de cada obra presentada para facilitar a identificación de quen resulten gañadores ou gañadoras. As obras poderán presentaranse en calquera dos formatos electrónicos que as reciban do alumnado (jpg, word, pdf…), pero é importante recordar que no seu contido deben ter o título e/ou pseudónimo, para poder identificalas. b) Se presenta as obras a título individual: O traballo ou traballos enviaranse ao correo normalizacion@ribeira.gal en formato electrónico e como nome de arquivo debe ter a categoría e modalidade á que pertence. Nun documento á parte, que se abrirá só logo da decisión do xurado, enviaranse os datos do autor ou da autora (nome e apelidos, idade e centro de ensino no que cursa os seus estudos).
  1. Modo e data de presentación:
    As obras enviaranse ao correo electrónico normalizacion@ribeira.gal
    A data límite de envío é o 29 de maio de 2020.
  2. Obras gañadoras do concurso:
    As obras gañadoras serán determinadas polo resultado da valoración dun xurado constituído ao efecto e compartido por ambas as concellerías de Cultura e Educación do Concello de Ribeira.
    Os colexios serán informados de cales son as obras gañadoras e a súa autoría na primeira semana de xuño de 2020, cando se darántamén a coñecer ás persoas gañadoras e aos medios de comunicación.
  3. Premios:
    Os premios constarán de lotes de libros para os 3 mellores traballos de cada categoría e para os centros de ensino participantes.
  4. Aceptación das bases:
    A participación no concurso implica a plena aceptación destas bases e da decisión do xurado.
Concurso Escolar Letras Galegas

Outros artigos

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.