As cruces de pedra na Bretaña celebra os seus 90 anos

05 Maio 2020

Tal mes como este que estamos a vivir o rianxeiro Alfonso Daniel Rodríguez Castelao sacaba do prelo unha das obras máis senlleiras e internacionalistas do seu legado: As cruces de pedra na Bretaña, un pioneiro caderno de viaxe pola vertente xeográfica máis decidamente celta do país francés (e, polo tanto, a que máis entronca coa nosa terra dende o punto de vista histórico, cultural e paisaxístico). Foi publicado por Castelao en 1930, como documentación complementaria para outra investigación semellante que estaba preparando sobre os cruceiros galegos. Segundo apunta a Editorial Galaxia dende o seu blog, As cruces de pedra na Bretaña foi o último libro que o autor deu a imprimir antes do seu falecemento.

Este facsímile, un estudo da linguaxe expresiva dos cruceiros bretóns, foi realizado no marco do Seminario de Estudos Galegos, abordando, coa particular linguaxe do escritor, artista e político rianxeiro, a linguaxe formal destas expresións artísticas tan características de Bretaña. Na obra, Castelao salienta os cruceiros como un dos máis nítidos elementos de unión dos países do eixo céltico.

A Galipedia lembra que a As cruces de pedra na Bretaña contén o resultado do percorrido realizado coa súa muller, Virxinia, entre maio e agosto de 1929 grazas a unha axuda concedida pola Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas. Cóntase que a viaxe foi unha tentativa da parella para tentar superar a fonda tristura que lles deixou a morte do seu único fillo, Alfonso Xesús de Braga, en xaneiro de 1928.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

“A morte do cadelo”. Luís Celeiro

Morreu o seu can, Xambrailo, e aínda anda coa dor no peito, nos ollos mollados, no corazóne na alma. A súa alma é tan grande que o ocupa todo, o que se ve e o que está detrás doque se ve, o de arriba e o de abaixo. El di, con toda a súa sabedoría no falar e con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.