Arousa Norte reinventa a súa estratexia turística apostando pola seguridade no destino

08 Maio 2020

A Mancomunidade de Municipios Arousa Norte reinventa a súa estratexia turística a través dunha nova reformulación de accións adaptadas a un novo contexto.

Esta semana os alcaldes de Arousa Norte aprobaron posta en marcha dun plan de traballo que está baseado na re-elaboración e desenvolvemento de accións innovadoras pensadas no turismo seguro e de proximidade . Neste plan contémplase a realización dun traballo coordinado coas Concellerías de Turismo dos catro concellos do Barbanza: Rianxo, Boiro, Ribeira, A Pobra do Caramiñal e Ribeira así como a creación de mesas sectoriais que contarán coa participación do empresariado turístico (hostalería, aloxamentos, axencias de viaxe e empresas de ocio) de Arousa Norte

Situándonos nun escenario, a día de hoxe, descoñecido, é o momento de reinventar e adaptar as accións a un novo mundo no que a tecnoloxía e a vida en pequeno formato son as protagonistas. Apostamos nesta estratexia polo turismo sostible e de proximidade, así como pola unión do sector para atopar solucións integrais” sinala Irene Maneiro xerente de Arousa-Norte.

Desde Arousa Norte, non se detallan polo momento as accións a desenvolver, pero adiantan a garantía de apostar pola seguridade no destino, a posta en valor dos recursos patrimoniais, culturais e gastronómicos do territorio así como o apoio e suma á marca “Galicia destino seguro” promovida por Turismo Galicia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...