Aprazadas as probas para obtención da primeira licenza de caza

11 Maio 2020

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda apraza as probas para a obtención da primeira licenza de caza. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a Resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola
que se apraza a celebración das probas correspondentes á convocatoria de xuño para a obtención da primeira licenza de caza regulada pola Orde do 1 de xuño de 2007 pola que se regula o exame do cazador na Comunidade Autónoma de Galicia.
Esta decisión adóptase en base ao Protocolo de actuación para o persoal empregado público da Administración da Xunta de Galicia en relación co coronavirus COVID-19, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, no que se establece que órgano convocante de cada proceso selectivo en curso haberá de pospoñer, polo tempo imprescindible –como mínimo dous meses– a celebración de probas selectivas, especialmente aquelas de
concorrencia masiva; así como á recomendación das autoridades das diferentes comunidades autónomas á cidadanía de evitar as viaxes que non sexan necesarios.
A Consellería de Medio Ambiente convocou para o mes de xuño a celebración destas probas, para as que 50 persoas presentaron a correspondente solicitude, o que se traduce na concorrencia dun número significativo de aspirantes, moitos dos cales se desprazan desde diversas poboacións de Galicia.
Paralelamente, desde os servizos provinciais da Consellería comunicarse persoalmente esta decisión a cada un dos inscritos, así como a posibilidade de presentarse nas próximas convocatorias, que terán lugar o primeiro luns dos meses de setembro e/ou decembro. Nese sentido, ábrese un período de dez días para estas persoas trasladen aos servizos de Patrimonio Natural das Xefaturas Territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Vivenda as súas preferencias á hora de participar nas vindeiras onvocatorias que se celebrarán no presente ano.
Por outro lado, as persoas que tiveran traslado a súa solicitude e agora declinen a súa participación nas próximas convocatorias do ano 2020 poderán solicitar a devolución da correspondente taxa.

Cedida

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

“Día das Letras Galegas 2025”. Manuel Dominguez

Andrés do Barro, cantante, compositor de soul galego, grandes éxitos dende 1975 onde as linguas do Estado foron confinadas, censuradas, ata acadar o primeiro posto nas listas dos discos máis vendidos en España tres veces seguidas: primeiro en 1969 con O trem , logo en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

“El Estado soy yo”. Manuel Dominguez

 Es una frase apócrifa que Luis XIV de Francia habría pronunciado el 13 de abril de 1655 ante el Parlamento de París, a los dieciséis años de edad No obstante, tal frase no consta en las actas de las reuniones del Parlement, por lo que se duda que tal anécdota...