Aguiño: Adxudicada a instalación pluvial e pavimentación na rúa da Cruz

12 Maio 2020

O Concello de Ribeira informa da adxudicación con carácter provisional dunha actuación consistente na pavimentación e instalación de rede de pluviais na rúa da Cruz en Aguiño.
Na actualidade o pavimento desta vía, que está feito de aglomerado asfáltico, atópase en mal estado, mentres que a rede de augas pluviais resulta deficitaria ao producirse con certa frecuencia atascos e inundacións na calzada.
Para poñer solución a estas eivas, técnicos do concello redactaron un
proxecto que inclúen os seguintes traballos:

  • Instalación dunha nova tubaxe de pluviais de 315 milímetros de
    diámetro e 368 metros de longo no centro da calzada, con
    arquetas sumidoiro (28 en total) nos laterais. Haberá 10 pozos
    de rexistro cada 40 metros aproximadamente.
  • Pavimentación cunha mestura bituminosa en quente nunha
    superficie de 2.146 metros cadrados.
    A empresa que obtivo a mellor clasificación entre as 18 ofertas
    presentadas foi Tamara Fernández Pérez. O importe da actuación
    ascende a 45.780 euros, IVE incluído, financiado no marco do POS+
    2018 da Deputación.
    O prazo de execución son dous meses.
Rúa da Cruz Aguiño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

“Luz e memoria”. Luís Celeiro

Efectivamente, parece que o clima ten memoria para repetir episodios doutros tempos, facendocertezas do refrán popular, “nunca choveu que non escampara”, enraizado na nosa cultura e dandofe de que a choiva forma parte da paisaxe e da vida diaria en Galicia, de modo...

“Therians”. Xulio Xiz

“Therians”. Xulio Xiz

En terras relacionadas coa miña nenez, circulaba mediado o pasado século unha historia de amores nefandos, dos que se contaba que naceran pequenos monstros mestura de humano e cánido, que a familia se ocupara de facer desaparecer. Non se sinalaban persoas pero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.