En marcha o protocolo de reapertura das residencias de maiores e de persoas con discapacidade

22 Maio 2020

Os centros de máis de 60 prazas terán unha reapertura dividida en tres
etapas de 15 días cada unha e os centros de menos desta ocupación as súas etapas serán de 10 días.

O delegado territorial da Coruña, Ovidio Rodeiro, mantivo esta mañá un encontro por videoconferencia co case un centenar de representantes de
residencias de maiores e de persoas con discapacidade para abordar o protocolo de reactivación destes centros. Neste senso, o representante do goberno autonómico trasladoulles que se se confirma o pase a Fase 2 de Galicia se procederá, o próximo luns, a reapertura gradual e flexible daqueles centros que non teñan ningún contaxiado.
Ovidio Rodeiro explicou que o protocolo aprobado pola Xunta está redactado polo comité clínico do Servizo Galego de Saúde e ten como principio reitor a máxima protección, prudencia, graduación e flexibilidade.
No que respecta ás residencias, Ovidio Rodeiro lembrou que para que poidan abrir ás visitas deben cumprirse dous criterios: que o centro non rexistrase casos de coronavirus, nin entre o persoal nin entre os residentes, nos últimos 15 días; e que no concello onde se sitúa o centro se rexistren cada día tres ou menos novos casos de coronavirus por cada 5.000
habitantes. As residencias que cumpran estes requisitos, que son sobre o 80%, poderán en canto o Goberno Central o autorice.
Neste senso, aclarou que o proceso de reactivación constará de tres etapas e precisou que cada etapa durará 15 días, agás nos centros con menos de 60 prazas, nos que cada etapa durará 10 días.
Pola súa banda, os centros que teñan a consideración de fogar residencial ou vivenda tutelada ou comunitaria –que son os de menor tamaño– poderán comezar a reactivación directamente na etapa 2. Cómpre salientar que para pasar dunha etapa a outra, será necesario que o centro conte cun informe favorable da autoridade sanitaria.
Na etapa 2, as residencias poderán permitir dúas visitas por semana e con cita previa; e as persoas autónomas poderán realizar saídas á farmacia e ao banco, preferiblemente a primeira hora da mañá. E, na etapa 3 poderá recuperarse por completo o réxime de visitas co que contaba cada residencia antes da pandemia; e os residentes poderán saír tamén á
contorna urbana, evitando no posible aqueles lugares onde se concentren máis persoas.

OVIDIO RODEIRO INFORMA ÁS RESIDENCIAS DE MAIORES E DE PERSOAS CON DISCAPACIDADE DA PROVINCIA SOBRE O PROTOCOLO DE REAPERTURA

O delegado territorial recalcou que no caso de que apareza algún caso positivo habería que suspender a reactivación e volveríamos confinar ás persoas contaxiadas. Ademais subliñou que, nos vindeiros días, tamén se pactará co sector unha data de consenso para iniciar o proceso de activación nos centros de día.
Por último, o protocolo de reactivación das residencias tamén regula o reinicio dos servizos de atención temperá, así como outros servizos terapéuticos dirixidos a persoas maiores e persoas con discapacidade. Estes servizos poderán comezar establecendo un sistema de cita previa que garanta que só estean na sala ao mesmo tempo unha persoa usuaria e un
profesional.

Outros artigos

Venres de calor, ceos despexados e ventos do nordés

Galicia afrontará este venres 12, unha xornada marcada pola estabilidade atmosférica e a chegada de aire cálido, cunha situación dominada polo anticiclón e a circulación do nordés. Agárdanse ceos moi despexados en xeral. As temperaturas subirán de forma moderada e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...