A Xunta dará 500 euros de axuda para as familias que contraten a un coidador polo coronavirus

29 Maio 2020

A Xunta dará 500 euros de axuda para as familias que contraten a un coidador polo coronavirus O denominado “Bono Coidado” poderá beneficiar a 36.000 familias e estará vixente mentres estean pechados os centros Alberto Núñez Feijóo acaba de anunciar a aprobación do Consello de la Xunta do denominado “Bono Coidado”, que pretende axudar ás familias que non teñen con quen deixar aos seus fillos debido ao peche dos centros educativos polo coronavirus. O presidente da Xunta indicou que a prestación será de 500 euros ao mes ata o un de setembro e que estará vixente mentres estean pechados os complexos. Ademais, poderase aplicar con carácter retroactivo. O presidente dixo que as escolas infantís de Galicia, ás que acoden miles de nenos de 0 a 3 anos (hai máis de 30.000 prazas habilitadas, entre centros públicos e privados), non volverán abrir ata o 1 de setembro.

Os requisitos para optar á axuda é que os proxenitores terán que traballar fóra de casa e os ingresos non superen os 806 euros por cada membro da familia. Os servizos de coidado terán que ser contratados tras a declaración do estado de alarma ou desde agora.

O presidente da Xunta manifestou que a medida poderá beneficiar ata a 36.000 familias en Galicia.

Outros artigos

Este xoves 1 será unha xornada máis solleira e con vento do nordés

Comeza outubro baixo o dominio das altas presións, o que propiciará unha xornada de progresiva estabilización meteorolóxica e ausencia xeral de precipitacións. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en diversos puntos do interior. Co avance da mañá esa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.