A Subdelegación do Goberno completará mañá a distribución das máscaras a Ribeira e Santiago

06 Maio 2020

A Subdelegación do Goberno completará mañá xoves a distribución das máscaras aos concellos de máis de 20.000 habitantes coa entrega do material reservado para Santiago de Compostela e Ribeira. Na xornada de mañá levará a cabo tamén o operativo de entrega de máscaras a diferentes entidades sociais da provincia, nun dispositivo que estará coordinado por Cáritas, Cruz Vermella e do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade ( CERMI).

A Subdelegación do Goberno da Coruña iniciou hoxe a distribución de máis de 200.000 máscaras aos concellos da provincia e a diferentes entidades sociais. Desta maneira púxose en marcha a segunda fase do operativo disposto polo Goberno para repartir un total de 344.000 máscaras na provincia coruñesa, destinadas para usuarios e usuarias do transporte público, concellos e colectivos sociais.

O operativo para a distribución do total de 344.000 máscaras na provincia coruñesa concluirá coa entrega do material destinado polo Goberno de España aos concellos de menos de 20.000 habitantes, entre eles o resto dos do Barbanza, que será realizado a través da Deputación da Coruña, segundo o acordo alcanzado entre o Executivo presidido por Pedro Sánchez e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).

Subdelegada del Gobierno en A Coruña, Pilar López-Rioboo entregando material

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.