A Deputación impulsa unha ferramenta online para radiografar a realidade dos concellos

08 Maio 2020

A Deputación da Coruña vai botar man das máis avanzadas tecnoloxías de análise e seguimento para ter información puntual e exhaustiva sobre a realidade socioeconómica da provincia. Este será o cometido do Barómetro Socioeconómico Local (BSL), que, segundo fixo saber a entidade provincial, “medirá a evolución temporal e territorial do mercado laboral, a evolución demográfica e máis a economía de cada municipio”. O desenvolvemento da nova ferramenta tecnolóxica online, que se vai integrar cos máis de 4,5 millóns de datos sobre infraestruturas e servizos locais xa dispoñíbeis na EIEL (Enquisa de Infraestruturas e Equipamentos Locais) da Deputación, vén de saír a licitación. O resultado deste labor de análise porase a disposición da cidadanía.

En palabras do presidente da entidade provincial, o Barómetro recollerá, “de xeito simple e intuitivo”, datos compilados de fontes oficiais e amosará mediante gráficos e mapas interactivos a situación actual e a evolución temporal e territorial de indicadores relativos ao mercado laboral, a evolución demográfica, a economía e competitividade, a cohesión social… así como datos do catastro, urbanismo e vivenda, transporte ou xestión económica do sector público. O presidente Valentín González Formoso salientou “utilidade” desta información á hora de planificar investimentos ou deseñar políticas efectivas para a dinamización económica de cada territorio.

Amais do devandito, posibilitará a realización de informes, pirámides de poboación ou mapas temáticos que faciliten unha comparación sociométrica de distintos concellos ou comarcas, ofrecendo unha perspectiva da súa evolución ao longo do tempo.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

“Cambio, incertidumbre, inseguridad…”, José Castro López

El control de Donald Trump de Venezuela y el probable atropello de Groenlandia, lamasacre de Putin en Ucrania, la amenaza permanente de Xi Jinping -los tres quierenrepartirse el mundo-, o el hastío de los iraníes con su régimen, por citar solo unosejemplos, son...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.