A Deputación amplía en dous meses o período voluntario de pago do imposto de vehículos

05 Maio 2020

Valentín González, presidente da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña anunciou este martes 5 de maio que, co obxectivo de seguir botando unha man nestes tempos de crise sanitaria, ampliará en dous meses o período voluntario de pago do imposto de vehículos (o IVTM), que irá dende este 4 de maio até o 1 de setembro, co que se amplía en dous meses con respecto aos prazos habituais. Este adiamento, que ten o obxectivo de facilitar á cidadanía o cumprimento das súas obrigas tributarias, atinxirá a 79 concellos da provincia.

O envío de recibos para o pago comezará unha vez levantado o confinamento e o cargo en conta dos recibos domiciliados farase o 31 de xullo.

Para calquera dúbida, a Deputación mantén aberto o Servizo de Atención ao Contribuínte a través do teléfono gratuíto 900 132 204 e do correo atencion.tributaria@dacoruna.gal, así como a Oficina Virtual Tributaria na que se poden realizar trámites, consultas e xestións as 24 horas do día, os 365 días do ano. Tamén pode solicitarse atención presencial mediante cita previa, que deberá solicitarse por vía telefónica, por correo electrónico ou na web da Deputación.

Outros artigos

Xoves regresa o sol e sobe a temperatura

Galicia irá quedando durante o xoves baixo influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral. As temperaturas mínimas terán un lixeiro descenso, mentres que as máximas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

“Un poeta llamado Sémper”. Xosé Antonio Perozo

El mimetismo positivo del correligionario con el líder es un fenómeno en desaparición. Puede ser debido a dos circunstancias. Una, la falta de carisma de la mayoría de los dirigentes políticos de nuestros días. Dos, la proliferación y diversificación de sus presencias...

“Mi Buenos Aires querido…”. José Castro López

“Mi Buenos Aires querido…”. José Castro López

Mientras escribo suena “Mi Buenos Aires querido” en la voz de Carlos Gardel, elinmortal interprete del tango, la expresión artística única que refleja la identidad deArgentina y de su gente.Mi primera noticia de Buenos Aires se remonta a la ya lejana infancia cuando...