A Catedral de Santiago mostra na súa web o seu catálogo de tesouros

11 Maio 2020

O Museo da Catedral de Santiago presentou estes días o seu catálogo dixital, dispoñíbel dende xa na súa páxina web. O proxecto, enmarcado no programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia é o froito de intensos meses de traballo adaptando aos novos formatos de consulta, acubillo e divulgación o rico patrimonio cultural e as coleccións artísticas da entidade compostelá. Trátase da primeira fase dun proxecto máis amplo que ten un dobre obxectivo: en primeiro lugar, contar con recursos dixitais para a documentación e conservación das pezas e, en segundo, mellorar a difusión e o acceso do público a estas obras de arte, algunhas delas, sinala a Fundación da Catedral, “claves na historia e arte de Galicia”.

Deste xeito, dixitalizáronse 75 recursos patrimoniais da catedral de Santiago, entre eles algúns tan senlleiros como o parteluz do Pórtico da Gloria, o conxunto de sepulcros do Panteón Real, o fondo de escultura románica, os restos arquitectónicos e escultóricos da fachada exterior do Pórtico da Gloria ou do Coro pétreo do Mestre Mateo, ou as pezas máis destacadas do tesouro.
Para o devandito, segundo a tipoloxía de cada peza a tratar empregáronse distintas técnicas como a fotogrametría ou o escáner, uns traballos que desenvolveu a empresa galega Margen Fotografía. Segundo informaron os responsábeis do museo, o fondo dixital ficará almacenado nun acubillo instalado na propia institución e que será, nas súas palabras, “unha verdadeira cápsula dixital da memoria cultural da Catedral de Santiago”.

Por outra banda, os datos gráficos obtidos serviron para procesar as imaxes e pór este fondo dixital ao servizo do público, a través de modelos 3D interactivos, vídeos, fotografías e outros recursos que, xunto con textos explicativos, estarán dispoñíbeis gratuitamente en dispositivos instalados nas propias salas do museo e, tamén, nunha nova web accesíbel desde a propia páxina da catedral de Santiago (www.catedraldesantiago.es). Todos estes contidos poderán consultarse en galego, castelán e inglés.

En palabras da institución, grazas a estes traballos “o público poderá mergullarse, desde perspectivas e materiais diversos, nas fachadas da catedral románica, no altar do arcebispo Xelmírez, nos últimos tempos da escultura románica compostelá, no proxecto do Mestre Mateo co Pórtico da Gloria, na súa desaparecida fachada exterior e no perdido coro pétreo”. Tamén poderá coñecer a importancia que tivo a catedral como templo nacional dos reis de Galicia; e, por fin, saber da importancia que, desde época medieval, tiveron as peregrinacións a Santiago e o culto ás reliquias, que “deron lugar a importantes ofrendas e doazóns”.

Trátase dun “proxecto multidisciplinar”, de aplicación das novas tecnoloxías ao patrimonio cultural, no que participaron historiadores da arte, informáticos, fotógrafos, deseñadores dixitais, etc. impulsado pola Fundación Catedral de Santiago e que contou coa colaboración da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Mércores 21 con ceos nubrados, choivas e forte vento

Galicia quedará este mércores 21, Santa Inés, baixo a influencia das baixas presións, cunha situación meteorolóxica marcada polos ventos de compoñente oeste. Agárdase unha xornada de ceos nubrados, con precipitacións máis frecuentes e intensas na metade oeste do país,...

+

Ampliada a todo o litoral galego a alerta vermella na costa da Coruña

Debido ás alertas laranxa e vermella, a Secretaría  Xeral para o Deporte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes anunciou a suspensión da actividade deportiva no mar, tanto federada como do programa Xogade, nos concellos afectados segundo as previsións dos...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

“Ferrocarril: entre o negocio e a vida” – José Luis Calo

A liberalización do transporte ferroviario incrementou notablemente o número de trens que circulan polas nosas vías. A entrada de operadores privados transformou o sistema, pero tamén elevou as esixencias sobre unha infraestrutura que debe ser, por encima de todo,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.